Tomba de Rosalía de Castro, en el Convent de San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela) |
Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta
¡Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete miña amada,
porque o vento muxe, coma unha vaca!
Os arados van e vén
dende Santiago a Belén.
Dende Belén a Santiago
un anxo va en un barco.
Un barco de prata fina
que traí a dor de Galicia.
Galicia deitada e queda
transida de tristes herbas.
Herbas que cobren teu leito
e a negra fonte dos teus cabelos.
Cabelos que van ao mar
onde as nubens teñen seu nidio pombal.
¡Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete miña amada,
porque o vento muxe, coma unha vaca!
Federico García Lorca
Poemas Galegos
Foto: M. Piqueras (octubre 2009)
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada